O Concello de Amoeiro abre a súa conta oficial en Instagram

OurenseXa
Desde 2026, a veciñanza poderá seguir tamén nesta rede social a actualidade municipal coa intención de ampliar a comunidade interesada nos asuntos do concello
AMOEIRO conta instagram
8 Jan 2026

O Concello de Amoeiro vén de estrear a súa conta oficial na rede social Instagram, un novo canal co que pretende reforzar a difusión da información municipal e achegar a actualidade do día a día a máis persoas.

A iniciativa ponse en marcha a partir deste ano 2026 e busca, segundo explica o propio consistorio, ampliar a comunidade de destinatarias e destinatarios e facilitar que a cidadanía estea ao tanto de novidades, avisos e contidos de interese sobre Amoeiro.

⚙ Configurar cookies
0.10792398452759