O Concello de Amoeiro abre o prazo de inscrición para o campamento de verán 2025

O Concello de Amoeiro anunciou a convocatoria do seu campamento de verán 2025, dirixido a nenos e nenas de entre 3 e 15 anos. A actividade desenvolverase entre o 1 de xullo e o 29 de agosto, ambos días incluídos, en horario de 10:00 a 14:00 horas.
O programa, pensado para ofrecer alternativas de lecer durante as vacacións escolares, conta con prazas limitadas e ofrece dúas modalidades de pagamento: 50 euros mensuais ou 25 euros por quincena.
O prazo de inscrición está aberto dende este venres, 13 de xuño, ata o 26 de xuño, en horario de 9:00 a 14:00 horas. As persoas interesadas poderán anotarse de forma presencial nas dependencias municipais ou chamando ao teléfono 988 281 000.