O Concello de Baños de Molgas incorpora un novo técnico de xestión forestal

OurenseXa
A incorporación permitirá planificar xestión da biomasa, reforzar os equipos de desbroce e desenvolver unha planificación profesional para previr incendios
tecnico-gestion-forestal-baños-de-molgas
22 Nov 2025

O Concello de Baños de Molgas conta desde este mes cun novo técnico de xestión forestal e do medio rural, contratado grazas á subvención da Consellería de Emprego da Xunta de Galicia dentro do programa de Garantía Xuvenil. A incorporación deste profesional será durante nove meses.

Esta contratación permitirá planificar de forma máis eficiente a xestión da biomasa durante o inverno, reforzar os equipos de desbroce na temporada de maior demanda e desenvolver unha planificación profesional para previr incendios, garantindo a protección dos montes e a seguridade dos veciños.

⚙ Configurar cookies
0.076142072677612