O Concello de Barbadás e a Xunta colaborarán para impulsar o tecido comercial do municipio

OurenseXa
Está previsto celebrar na Valenzá unha das 40 campañas da iniciativa ‘Merca no teu comercio’, enmarcada no convenio coa Federación Galega de Comercio, coa vontade de fomentar o asociacionismo comercial na zona
reunion-xunta-barbadas
23 May 2025

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, reuniuse esta semana co alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, e coa concelleira de comercio do municipio, Marga Pérez, co obxectivo de abordar vías de colaboración a prol da dinamización e do impulso do comercio local na localidade.

O director xeral trasladou o compromiso prioritario da Xunta co pulo a este sector, destacando o novo Plan Estratéxico do Comercio de Galicia 2025-2030, dotado con máis de 320 millóns de euros e articulado en 74 actuacións, moitas delas enfocadas a promover unha maior capilaridade das medidas en vilas pequenas e medianas co obxectivo de acadar un impacto directo sobre os comercios e o tecido asociativo de contornas máis locais.

Así, na reunión trasladou que está previsto celebrar na Valenzá unha das 40 campañas da iniciativa ‘Merca no teu comercio’, enmarcada no convenio coa Federación Galega de Comercio, coa vontade de fomentar o asociacionismo comercial na zona. Ademais, informou aos representantes municipais sobre as distintas liñas de axuda dispoñibles para o sector, o mapa de apoios para o colectivo autónomo —dotado este ano con máis de 40 millóns de euros nunha orde unificada— así como o labor de acompañamento gratuíto que ofrece aos emprendendores o Polo de emprendemento de referencia, situado en Baños de Molgas, clave para o impulso do tecido comercial da contorna.

⚙ Configurar cookies
0.16459512710571