O Concello de Celanova manifesta o seu descontento coa "Festa de singles" que terá lugar o 6 de abril
OurenseXa
A concelleira de Igualdade do Concello de Celanova, Teresa Barge, desvincúlase totalmente deste evento "sexualizante, frívolo e banal"
Casa do Concello de Celanova
13 Mar 2024
Celanova celebrará o vindeiro 6 de abril a "Festa de singles", un evento que viviu a súa primeira edición o ano pasado e que ten por obxectivo reunir ás solteiras e solteiros polos establecementos do lugar.
Sen embargo, dende o Concello, recalcan que nada teñen que ver con este evento, ao que consideran "sexualizante, frívolo e banal", especialmente trasc conocerse que un dos reclamos é que as mulleres disfrutarán de un desconto por acudir. "Pagan tres entradas e poden ir catro", sinalan dende a organización. Sen embargo, este desconto non se aplicaría aos homes, xa que aseguran que as mulleres son o reclamo principal, algo que dende o Concello de Celanova rexeitan de modo contundente ao consideralo unha actitude machista e contraria aos seus principios.
Por elo, a conselleira de Igualdade do Concello de Celanova, Teresa Barge, emitiu un comunicado no que recalca que "o Concello de Celanova é completamente alleo á organización deste evento" e "que no cartel anunciador aparece un slogan que pretende identificar a Celanova como a cidade do amor nun contexto tan sexualizante, frívolo e banal como, polo tanto, provocativo, que en nada representa os valores que transmiten as xentes do noso municipio, nin tampouco a nosa máis que recoñecida tradición cultural e histórica".
Ademais, engade "no mesmo cartel lánzase outra mensaxe relativa á asistencia feminina ó acto cun reclamo aínda máis repugnante, relativo a que se asisten ó evento catro “chicas” aboarán a entrada unicamente tres, mensaxe que produce repulsa pola imaxe de mercadeo que ofrece, interpretando a presenza das mulleres como elementos de atracción e promoción do evento".
Barge lembra que o Concello de Celanova acaba de celebrar a pasada fin de semana, precisamente, o día da muller, lembrando e homenaxeando a mulleres de onte e de hoxe e tratando de dignificar o papel da muller no seo da sociedade desde os valores da igualdade e do respecto entre as persoas, conceptos, estes, que se contradín diametralmente cos que transmite o propio evento e o seu cartel anunciador.
En consecuencia, a concelleira recalca que "aínda que non é pretensión da institución a de coartar a liberdade de organización de eventos de carácter social que supoñan unha dinamización do comercio de Celanova en xeral e da hostelería en particular, coidamos que existen infinidade de fórmulas recreativas que se poden organizar sen dun xeito tan evidente, insultante e gratuíto á dignidade da muller no contexto actual dunha sociedade pluralista e democrática".
Finalmente, sinala, "non podemos permanecer en silencio perante tal provocación, colocándonos á fronte das voces que xa se están pronunciando publicamente e outras que nolo teñen transmitido por medio de comunicación privada, esixíndolle á organización do evento que se absteña de colocar o cartel polas rúas de Celanova e que o retire das súas redes sociais"