O Concello de Esgos inicia a súa campaña de recollida de alimentos para estas festas de Nadal

OurenseXa
Durante as próximas semanas, os voluntarios percorrerán os distintos pobos do municipio para recoller alimentos non perecedeiros
Alimentos Nadal Miño
23 Nov 2025

Un ano máis, a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Concello de Esgos súmase á campaña “Por un Nadal Feliz para tod@s”, organizada polo Voluntariado de Protección Civil de Ourense a favor do Banco de Alimentos de Ourense. Durante os primeiros días de decembro, os voluntarios percorrerán os distintos pobos do municipio para recoller alimentos non perecedeiros.

O luns 1 de decembro visitarán localidades como Pardeconde, Os Pensos, Xaravedra, Fondodevila, Casanova, Melón de Abaixo, Melón de Arriba, Quinta do Monte, Cernada e Arcos. O mércores 3 pasarán por Touza, Meiroás, Guimarás, Alto do Couso, Feirobal, A Meiroá, Calsomiro, Cachamuiña, A Lama, Regueiro, Soutelo, Quinta e Parrocha. Xa o venres 5 acudirán a Gomariz, Lobaces e Vilar de Ordelles. Continuarán o martes 9 en Tarreirigo, Lampazas, A Granxa, Rebordiños, As Campinas, Laioso, Pinto e Achas, e finalizarán o mércores 10 en Porta do Sol, As Vendas, Folgoso e Cabalgada.

Ademais, todas as persoas que queiran colaborar poderán deixar as súas doazóns nos puntos habilitados no Concello, na biblioteca e no supermercado de Esgos. Desde a Agrupación de Protección Civil agradecen de antemán a solidariedade e xenerosidade de todos os veciños e veciñas que participen nesta iniciativa.

⚙ Configurar cookies
0.075973033905029