O Concello de Esgos mellora o alumeado público en varias localidades do municipio

OurenseXa
Recentemente leváronse a cabo traballos en A Meiroá, Calsomiro, Os Pensos, Xaravedra, Feirobal e Pinto
melloras-alumeado-esgos
22 Nov 2025

O Concello de Esgos continúa avanzando na modernización do alumeado público co obxectivo de mellorar a eficiencia enerxética e reducir a contaminación lumínica. Recentemente, realizáronse melloras nas zonas de A Meiroá, Calsomiro, Os Pensos, Xaravedra, Feirobal e Pinto, situadas na estrada OU-536.

Estas actuacións, financiadas con cargo ao Fondo de Compensación Ambiental da Xunta de Galicia, contan cun orzamento de 37.580 euros. Con esta iniciativa, o Concello suma aos traballos realizados anteriormente noutras localidades como Melón de Abaixo, Melón de Arriba, Quinta do Monte, Rebordiños, A Granxa, Cachamuiña, Regueiro, Soutelo, Quinta, A Lama, Cernada, Achas, Tarreirigo, Meiroás, Fondodevila, Casanova, Porta do Sol, Cabalgada, As Vendas, Folgoso, Gomariz e Lobaces.

O cambio a tecnoloxía LED no alumeado público permitirá un aforro enerxético significativo, así como unha redución do impacto ambiental no municipio.

⚙ Configurar cookies
0.075094938278198