O Concello de Maceda anima á veciñanza a participar nun mosaico fotográfico polo centenario de Francisco Carballo
OurenseXa
Os veciños e veciñas poden presentar as súas fotografías na Biblioteca Municipal ata o 1 de marzo

11 Feb 2025
O Concello de Maceda organiza, con motivo do centenario de Francisco Carballo, un mosaico fotográfico no que poderán participar todos os veciños e veciñas do Concello.
A veciñanza poderá presentar as súas fotografías de forma presencial na Biblioteca de Maceda ata o vindeiro 1 de marzo, co obxectivo de formar un mosaico formado por todas as fotos presentadas polas xentes da comarca para render homenaxe ao teólogo.