O Concello de Maceda chama a veciñanza a realizar unha correcta xestión da biomasa para previr incendios

OurenseXa
Lembran que as tarefas de limpeza e xestión deben facerse antes do 31 de maio
incendio-chandrexa
6 Mar 2026

O Concello de Maceda fai un chamamento á veciñanza para cumprir coa Lei de prevención e defensa contra incendios forestais, lembrando os graves incendios sufridos o ano pasado. Para protexer vidas, vivendas e a contorna, sinalan dende o goberno municipal, é responsabilidade de todos manter limpos os espazos próximos ás casas e xestionar correctamente a biomasa en parcelas privadas e franxas secundarias.

O prazo límite para realizar estas tarefas é o 31 de maio. O Concello insiste en que manter os espazos limpos é unha responsabilidade compartida e recorda que, fronte ao lume, toda precaución é pouca.

As persoas interesadas poden consultar información sobre as franxas secundarias de xestión de biomasa nos distintos pobos a través do enlace facilitado polo Concello.

0.12289690971375