O Concello de Maceda convoca á veciñanza do casco urbano para recoller propostas de mellora do PXOM

OurenseXa
A xuntanza será este xoves logo de ter que ser cancelada polas intensas nevadas
pxom-casco-urbano-maceda
4 Feb 2026

O Concello de Maceda organiza este xoves 5 de febreiro ás 19:30 horas no salón de actos do Edificio Multiusos, unha xuntanza para recoller problemáticas e propostas de mellora relacionadas coa modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) no casco urbano. A sesión ía ter lugar o pasado día 23 de xaneiro pero tivo que ser cancelada polas intensas nevadas.

A xuntanza estará estruturada en varias fases: unha introdución de 10 minutos, seguida de dous períodos de 30 minutos para rexistrar as problemáticas existentes e as propostas de mellora que presenten os participantes. A continuación, haberá 40 minutos destinados ao debate aberto sobre os temas expostos.

⚙ Configurar cookies
0.089257955551147