O Concello de Maceda pide á Xunta fondos para manter o Centro de Saúde e o PAC

OurenseXa
A alcaldesa de Maceda, Uxía Oviedo, destaca a necesidade de levar a cabo a cesión do Centro de Saúde e do PAC ao Sergas
A alcaldesa de Maceda, Uxía Oviedo, nunha reunión con representantes da Consellería de Sanidade
A alcaldesa de Maceda, Uxía Oviedo, nunha reunión con representantes da Consellería de Sanidade
2 Nov 2024

A alcaldesa de Maceda, Uxía Oviedo, reuniuse esta semana co conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, nun encontro no que trasladou as necesidades do concello respecto ao Centro de Saúde e o PAC.

Entre as peticións, Oviedo destaca a necesidade de levar a cabo a cesión do Centro de Saúde e PAC ao Sergas, aprobada en Pleno na anterior lexislatura pero sen iniciar o procedemento.

Ademais, a alcaldesa incidiu na necesidade de aumentar os fondos que percibe o Concello de Maceda para levar a cabo o Mantemento do Centro de Saúde e PAC, así como fondos para a cabo obras de mellora en ditas instalación.

Ademais, pediu á Consellería de Sanidade que se posicione para levar a cabo o arranxo do Edificio da Igrexa para albergar o Museo do Médico Rural.

0.20366287231445