O Concello de Maceda ten aberto ata o vindeiro luns o prazo para anotarse na visita a Pazolandia

O Concello de Maceda mantén aberto ata o 22 de decembro o prazo de inscrición para participar na tradicional excursión a Pazolandia, que se celebrará o próximo 26 de decembro.
Este evento, organizado cada ano pola Deputación Provincial de Ourense, ofrece unha xornada de atraccións e diversión destinada aos nenos e nenas dos concellos da provincia.
A entrada terá un prezo de 4,50 euros por participante e o autobús sairá ás 10:00 horas da Praza do Concello. As inscricións poden facerse nos Servizos Sociais do Concello de Maceda de forma presencial ou por teléfono, chamando ao 988 463 761 de luns a venres en horario de 9:00 a 14:00 horas