O Concello de Nogueira de Ramuín organiza unha campaña de recollida de alimentos
OurenseXa
A recollida farase ata o 17 de decembro

7 Dec 2024
O Concello de Nogueira de Ramuín, en colaboración co Banco de Alimentos de Ourense, pon en marcha unha campaña solidaria de recollida de alimentos para os máis necesitados con motivo das festas do Nadal.
Recolleranse todo tipo de alimentos non perecedoiros, como aceite, auga, leite, legumes, pasta ou conservas, ata o vindeiro 17 de decembro.
A recollida farase na Casa do Concello, no Supermercado Aurora e no Supermercado Ribeira SA.