O Concello de Ourense abre o prazo de solicitude de subvencións para asociacións sen fin de lucro
O Boletín Oficial da Provincia publicou a convocatoria de subvencións a asociacións e entidades sen fino de lucro en materia de servizos sociais para o ano 2024, que concede o Concello de Ourense.
O obxecto da presente convocatoria é a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas a financiar programas, proxectos o actividades que, sendo considerados de interese, promoción social ou de utilidade pública para o Concello de Ourense, no ámbito dos servizos sociais, promovan as asociacións e entidades sen ánimo de lucro; estes programas, proxectos ou actividades deberán ir dirixidos prioritariamente a persoas e colectivos en situación de vulnerabilidade.
A contía das axudas ascende a 325.100 euros, como aparece na partida orzamentaria.
O prazo de presentación de instancias é dun mes, desde o martes, 30 de xullo, até o xoves, 29 de agosto. e poderase facer a través da Sede electrónica do Concello de Ourense