O Concello de Ourense advirte de que abrirá un expediente informativo tras detectar un “uso indebido” das licenzas de taxis

OurenseXa
O Concello explica que tivo coñecemento de que aproximadamente 19 das 106 licenzas de taxi da cidade non están a explotar a súa licenza, como é a súa obrigación
Estación de tren de Ourense
15 Oct 2025

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, expresou esta mañá a preocupación do Concello tras detectar a falta de taxis nas horas punta nas paradas da cidade, un problema que se intensificou especialmente desde a chegada do AVE. “Es un problema, y como servicio público, tenemos que solucionarlo”, declarou o alcalde.

Segundo explicou Pérez Jácome, a cidade conta con 106 licenzas de taxi, unha cifra adecuada para a súa poboación e dentro da ratio establecida pola normativa autonómica, que prevé unha licenza por cada mil habitantes. Con todo, o Concello comprobou que unhas 19 destas licenzas non se están a explotar como corresponde. “De hecho, funcionan como si fueran VTC (vehículo de transporte con conductor) para servicios privados”, afirma o alcalde.

Ante esta situación, o Concello abrirá un expediente informativo para investigar as circunstancias, que podería derivar na retirada da licenza daqueles taxistas que a usasen de xeito fraudulento. “Es un hecho grave, ya que si el 20% de los taxistas no cumple con su trabajo, el ayuntamiento lo nota. Además, los taxistas que no cumplen con sus obligaciones perjudican a los otros 87 que sí las cumplen”, engadiu Pérez Jácome.

O problema, denuncian, vese agravado pola situación noutros municipios próximos, como Barbadás, onde se están a producir casos similares. A consecuencia, segundo o alcalde, é que “los 87 taxistas de Ourense prestan servicio a una ciudad que debería tener 106 y, además, tienen que atender a Barbadás, que tiene 10.000 habitantes”.

⚙ Configurar cookies
0.079015016555786