O Concello de Ourense adxudica o contrato do servizo de axuda no fogar

OurenseXa
O contrato estenderase desde o 1 de xullo de 2025 até o 30 de xuño de 2027
Concello de Ourense
7 Jun 2025

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense, nunha reunión extraordinaria e urxente celebrada este venres, acordou adxudicar a Clece SA o contrato do servizo de axuda no fogar do Concello, de acordo co prego de prescricións técnicas e o prego de cláusulas administrativas particulares aprobados por acordo da Xunta de Goberno Local e as ofertas presentadas.

Explican que resultou ser a oferta coa mellor relación calidade-prezo, cunha baixa do 2,7%% con respecto aos prezos unitarios máximos de licitación. A empresa, din, ofertou tamén melloras en canto a horas de redución no prazo para efectuar a alta nos casos de urxencia e de extrema urxencia, e nas horas ofertadas anualmente para limpezas de choque.

Tamén se aprobou un reaxuste nas anualidades do contrato, que se estenderá desde o 1 de xullo de 2025 até o 30 de xuño de 2027.

Na mesma sesión, a xunta local aprobou rectificar un erro material advertido nunha das cláusulas administrativas do prego para a contratación da execución do proxecto de dixitalización e mellora da eficiencia en materia de xestión do ciclo integral da auga, aprobado pola xunta de goberno local na súa sesión de onte.

⚙ Configurar cookies
0.12555885314941