Ourense aproba a actualización do Plan Estratéxico de Subvencións da Concellaría de Urbanismo

OurenseXa
Permitirá destinar 2 millóns de euros a axudas para actuacións en 4 barrios da cidade
Concello_Ourense_recurso_2
Concello de Ourense
28 Jun 2024

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou na súa reunión de onte, xoves, a actualización do Plan Estratéxico de Subvencións da Concellaría de Urbanismo para o ano 2024.

Este acordo permitirá aprobar as bases e abrir a convocatoria para a concesión de subvencións, por un importe total de 2 millóns de euros, para actuacións en 4 barrios da cidade: Conxunto histórico de Ourense, Núcleo de interese etnográfico de Seixalbo, O Polvorín, As Camelias, A Carballeira, e Serra San Mamede, Cruceiro Quebrado, A Inmaculada.

O documento aprobado pola Xunta de Goberno Local actualiza para o ano 2024 o Plan Estratéxico de Subvencións da Concellaría de Urbanismo 2018-2020 aprobado pola Xunta de Goberno Local na súa sesión ordinaria celebrada o 1 de febreiro de 2018.

⚙ Configurar cookies
0.038758039474487