O Concello de Ourense aproba as bases do Certame Infantil de Debuxo da Postal de Nadal 2025

O Concello de Ourense aprobou as bases para a celebración do Certame Infantil de Debuxo da Postal de Nadal 2025, unha iniciativa dirixida ao alumnado de 6º curso de Educación Primaria dos centros de ensino da cidade.
Nesta convocatoria, os participantes deberán plasmar nun debuxo os seus sentimentos e ideas acerca do Nadal, reflectindo o que lles resulte máis significativo destas datas tan especiais.
Os traballos poderanse presentar ata o 24 de novembro, e a postal gañadora será utilizada como felicitación oficial do Concello para esta próxima campaña navideña.
Ademais, haberá premios para o neno ou nena autor da postal seleccionada, consistente nun lote de libros, así como para a clase gañadora, que recibirá material didáctico.
O Concello anima a todo o alumnado a participar nesta actividade que fomenta a creatividade e o espírito festivo entre os máis novos.