O Concello de Ourense comprométese a executar a remodelación integral do parque da Alameda da Ponte

OurenseXa
Dende o PSdeG celebran este acordo que permitirá recuperar un dos refuxios climáticos máis emblemáticos da cidade
Concello-Ourense-recurso
5 Jul 2025

Os socialistas do Concello de Ourense lograron no pleno deste venres que se aprobase a súa iniciativa para que se elabore e execute un proxecto de remodelación integral do parque da Alameda de A Ponte e unha partida nos Orzamentos 2025 destinada a tal fin.

"Hai case 57 anos, o 18 de xullo de 1968 inaugurábase este espazo entre a Avenida de Santiago, a Avenida das Caldas, a rúa Vicente Risco e Francisca Herrera. O novo parque nacía do aproveitamento do solar que anteriormente ocupaba a segunda estación ferroviaria do Concello de Canedo e que naquel momento levaba anos sen uso. Actualmente, o seu estado de abandono resulta evidente a simple vista", enumerou e lamentou a portavoz.

“Estamos ante un refuxio climático de referencia na nosa cidade e por iso o grupo municipal socialista pide que se melloren as súas condicións para a veciñanza”, propuxo.

Entenden as e os socialistas que despois de preto de seis décadas dende a súa inauguración, os xogos infantís atópanse moi deteriorados, a meirande parte das papeleiras están rotas, a proliferación de maleza en certas zonas excede as condicións óptimas de salubridade, a fonte presenta unha imaxe de suciedade e o sen funcionamento e entorno vese cheo de pintadas e descoidado.

“Hai que felicitar ao executivo porque estamos ante a parte resolutiva dun pleno máis densa dos últimos 6 anos. O que non significa que lles dera agora por traballar, senón que significa que de repente saen do caixón cousas que xa estaban en marcha e foron paralizadas por vostedes durante todo este tempo”, comezou relatando a voceira durante o debate da ordenanza de ruídos. “E a nosa postura segue sendo a mesma que durante os últimos catro anos, nos que reiteramos que debía abordarse conxunta e transversalmente a outra de veladores e outra para paliar o botellón. Pero o único que abordan transversalmente é como pactar co PP para sacar o que lles interesa adiante. Independentemente das 14 emendas que presentamos ao proxecto, cremos que debería existir unha estratexia municipal para o control da contaminación acústica na cidade”, incidiu alegando que de nada sirve poñer en marcha unha ordenanza se non hai medios humanos e materiais suficientes para que se cumpran e considerando que por este motivo o voto dos e das socialistas tiña que ser o de a abstención.

⚙ Configurar cookies
0.15056180953979