O Concello de Ourense concentrará departamentos municipais burocráticos nas instalacións de La Molinera

OurenseXa
O traslado farase durante verán, segundo o anuncio do alcalde
la-molinera
1 Jun 2025

O Concello de Ourense concentrará departamentos municipais burocráticos nas instalacións de La Molinera, coa finalidade de “dar uso a este espazo, concentrar nel procesos e servizos, eliminar redundancias” e evitar o que o alcalde cualifica de “reinos de taifas”. Jácome adiantou que o traslado de servizos a este emprazamento desenvolverase durante o período estival, comezando no mes de xullo.

Nas instalacións de La Molinera, acondicionadas hai 10 anos, traballan actualmente 7 enxeñeiros de programación que, entre outras funcións, están a crear aplicacións para o Concello, a través dun programa provisional.

O alcalde adiantou que La Molinera acollerá a maior parte (non toda) de diferentes servizos municipais como os de Educación, Termalismo, Persoal, Festexos, Servizos Xerais, Igualdade, Saúde, Promoción económica ou Tesourería, entre outros. O Concello realizou traballos nos últimos meses para acondicionar e equipar espazos no edificio municipal para que poida acoller estes servizos.

“Basicamente o que queremos facer é concentrar moitos servizos en La Molinera, darlle uso a unha infraestrutura que se fixo fiel á filosofía de outrora de facer reinos de taifas con pequenos recunchos e edificios repartidos por toda a cidade. Esta estrutura non é funcional”, afirma Gonzalo Jácome, quen explica que “este é tamén un dos motivos polos que renunciamos a seguir co proxecto de rehabilitación dun edificio na Praza da Trindade, a carón do Servizo de Urbanismo. Non queremos máis recunchos nin reinos de taifas. No caso de que fagamos algo, sería un gran edificio administrativo municipal”, asegura

Segundo Jácome, La Molinera “usouse como unha pseudo academia de cursos de iniciación na época de Jesús Vázquez”. Di o alclade que o seu grupo propuxo que o edificio albergara a Axencia Española de Supervisión de Intelixencia Artificial (Aesia), que finalmente instalouse na Coruña. Así, di, “foi un proxecto errado porque a Xunta e o Estado español non investiron en intelixencia artificial”.

Segundo o alcalde, “temos que darlle o mellor uso posible, e este é concentrar servizos para non ter departamentos redundantes. Queremos conseguir a vella aspiración que temos desde o noso grupo de goberno que é centralizar os procesos, e que un departamento se encargue de todas as facturas do Concello e non que cada concellería teña os seus propios contables para as facturas”, conclúe

(2015-19), e foi proposto polo noso grupo de goberno para albergar a Axencia Española de Supervisión de Intelixencia Artificial (Aesia), aínda que finalmente o Goberno de España e a Xunta de Galicia optaron pola cidade da Coruña. Foi un proxecto errado porque a Xunta e o Estado español non investiron en intelixencia artificial”, conclúe. Agora, detalla Pérez Jácome, “temos que darlle o mellor uso posible, e este é concentrar servizos para non ter departamentos redundantes. Queremos conseguir a vella aspiración que temos desde o noso grupo de goberno que é centralizar os procesos, e que un departamento se encargue de todas as facturas do Concello e non que cada concellería teña os seus propios contables para as facturas”, conclúe.

⚙ Configurar cookies
0.18549704551697