O Concello de Ourense continúa cos cambios nas liñas de autobuses

OurenseXa
A liña 4 prolonga a súa ruta ata Seixalbo e a 13 adiantará a súa segunda saída desde Palmés e contará cun servizo adicional desde San Lázaro
autobuses_urbanos_electricos_ourense
18 Sep 2025

O Concello de Ourense anuncia novos cambios nas liñas 4 e 13 do servizo de autobuses urbanos que se aplicarán a partir de mañá, venres 19 de setembro.

Na liña 4, que conecta a antiga estación de autobuses co Tanatorio das Burgas, a ruta prolongarase ata a localidade de Seixalbo, tras comprobar que os tempos permiten a ampliación do percorrido.

Na liña 13, que une a Universidade Laboral (A Cuña) con Palmés, adiantará a súa segunda saída desde Palmés ás 7.45 horas —antes era ás 8.00 horas— para atender a demanda do alumnado de distintos centros educativos que necesita chegar a tempo ao inicio das clases. No sentido contrario, activarase un servizo adicional que sairá ás 6.45 horas desde o Parque de San Lázaro cara a Palmés. As demais viaxes manterán os horarios e rutas actuais.

O Goberno municipal, liderado por Gonzalo Pérez Jácome, explica que estes axustes buscan prestar un mellor servizo, mentres que os socialistas manteñen que o novo mapa elaborado polo concello segue a xerar “caos” na cidade ante a falta de planificación que, din, constátase tras os continuos cambios introducidos dende que foi anunciado.

⚙ Configurar cookies
0.084203958511353