O Concello de Ourense convoca o certame infantil de debuxo da postal do Nadal 2024
OurenseXa
Poderán presentarse os alumnos e as alumnas de 6º curso de Educación Primaria dos centros de ensino da cidade
21 Nov 2024
O Concello de Ourense vén de aprobar as bases reguladoras do certame infantil de debuxo da postal do Nadal 2024.
Poderán participar os alumnos e as alumnas de 6º curso de Educación Primaria dos centros de ensino da cidade, que deberán plasmar nun debuxo os seus sentimentos e ideas acerca do Nadal, representando o que lles resulte máis significativo en relación con estas festas.
O prazo de presentación de traballos rematará o 29 de novembro ás 14.00 horas. A clase gañadora recibirá material didáctico (por un importe aproximado de 200 euros) e o neno ou nena un lote de libros (importe aproximado de 100 euros) e a impresión da postal que servirá de felicitación de Nadal do Concello de Ourense.