O Concello de Ourense deberá pagar 75.000 euros por danos morais tras o cesamento do interventor

OurenseXa
A sentenza do TSXG considera que a anulación do cesamento e a orde de reincorporación do interventor foi incorrecta, pero eleva a indemnización por danos morais
jacome-recurso
Gonzalo Pérez Jácome
1 Jul 2025

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ditou unha sentenza na que anula parcialmente a decisión previa do Xulgado do Social número 1 de Ourense, que declarara nulo o cesamento do interventor municipal.

O TSXG considera que a anulación do cesamento e a orde de reincorporación do interventor foi incorrecta, polo que deixa sen efecto esa parte da sentenza. Con todo, eleva a indemnización por danos morais a favor do interventor a 75.000 euros, que deberán ser abonados solidariamente polo alcalde e o Concello de Ourense, que xa anunciou que recorrerá ante o Tribunal Supremo.

⚙ Configurar cookies
0.1906590461731