O Concello de Ourense destinará 18.000 euros ao Campamento Urbano de Amencer

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou o convenio de colaboración coa asociación xuvenil Amencer para a organización do Campamento Urbano, segundo o cal o Concello destinará unha achega de 18.000 euros a esta actividade.
O campamento urbano de Amencer leva 38 anos ofrecendo servizo a nenos e nenas da cidade. Cada ano, centos de mozos e mozas participan nas actividades organizadas pola asociación xuvenil en colaboración co Concello de Ourense. Este ano acadáronse 800 inscricións, a cifra máis alta da historia do campamento.