O Concello de Ourense destinará este ano máis de 100.000 euros a actividades veciñais

O Concello de Ourense apoiará este ano un total de 88 actividades organizadas polas asociacións veciñais da cidade, cunha achega que alcanza os 104.145,57 euros.
A Concellería de Participación Cidadá, dirixida por Antonio Fernández, aprobou a resolución da convocatoria de subvencións destinada ás asociacións veciñais, co obxectivo de respaldar o seu funcionamento e a execución de programas durante 2025.
Esta iniciativa enmárcase no Plan estratéxico da concellería, cuxo obxectivo principal é "fomentar e consolidar o asociacionismo veciñal e a participación cidadá". As entidades beneficiarias terán de prazo ata o 30 de decembro de 2025 para xustificar o uso das subvencións.