O Concello de Ourense e a Fundación ONCE abordan novas vías de Cooperación

A concelleira de Muller e Igualdade do Concello de Ourense, Noa Rouco, visitou esta mañá as instalacións da delegación da ONCE en Ourense, e mantivo unha xuntanza de traballo co director, David Cejudo, e responsables da entidade, para coñecer polo miúdo as actividades e servizos que presta na cidade esta organización e explorar vías de colaboración en diferentes iniciativas.
A concelleira trasladoulle á ONCE o apoio do goberno municipal ao importantísimo labor que desenvolven en Ourense a prol das persoas cegas, con discapacidade visual ou perda de visión, e outros tipos de discapacidade, e a vontade de seguir cooperando coas súas iniciativas. Noa Rouco expresou tamén a intención do Concello de seguir creando espazos adaptados e organizando actividades inclusivas para darlles visibilidade en diferentes ámbitos.
As persoas interesadas en coñecer o labor que desenvolve a ONCE poden contactar coa entidade na súa sede en Ourense, na Alameda do Cruceiro, número 9, teléfono 988510260, ou consultar a web www.once.es.