O Concello de Ourense e o Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos de Galicia asinan un convenio para facilitar trámites administrativos

O Concello de Ourense e o Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos de Galicia asinaron un convenio de colaboración para facilitar trámites administrativos e desenvolver actividades conxuntas.
O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, asinou esta mañá o acordo co decano do colexio, Enrique Urcola Fernández-Miranda, tras unha reunión no salón de plenos na que tamén participaron representantes do Concello e do colexio.
Segundo destacaron, Ourense é a primeira cidade galega que establece este tipo de colaboración co colexio profesional. O convenio pretende fomentar a cooperación en materias relacionadas coa enxeñería e mellorar a eficiencia dos procesos administrativos.
Ademais, entre as actividades previstas está a organización de xornadas técnicas sobre mobilidade, que se celebrarán en Ourense no mes de marzo.