O Concello de Ourense estreita lazos coa Fundación Juan Soñador
OurenseXa
O Concello destaca a importante labor que realizan en Ourense dende a Fundación
Fundación Juan Soñador, Ourense
22 Mar 2024
A concelleira de Asuntos Sociais, Ana Fernández Nieto, visitou na mañá deste venres 22 de marzo as instalacións da Fundación Juan Soñador para coñecer os programas que desenvolve a entidade na cidade, dirixidos principalmente á inclusión social.
A concelleira trasladoulles a vontade do Concello de estreitar a colaboración e o apoio municipal ao importante labor que realizan en Ourense.