O Concello de Ourense inicia os trámites para reabrir As Burgas e propón unha xestión directa

OurenseXa
O Goberno municipal optará por esta fórmula se hai acordo coa oposición e lembra que a piscina termal será de pago, cun prezo de 8 euros por entrada individual
Piscina Termal das Burgas pechada
Piscina Termal das Burgas
11 Jun 2025

O Concello de Ourense inicia o proceso para poñer en funcionamento as instalacións termais das Burgas. O goberno municipal valora dúas posibilidades para a súa xestión: a primeira sería a explotación directa por parte do Concello, o que requiriría a aprobación dunha ordenanza por parte do Pleno, e a segunda consistiría en licitar o servizo contratando unha empresa privada.

O alcalde de Ourense, Gonzalo Jácome avanzou esta mañá que o goberno municipal optará pola xestión directa das instalacións, se os demais grupos políticos municipais se posicionan a prol desta fórmula: “se a oposición está de acordo, empezamos a ordenanza mañá mesmo para levala a pleno. Se a oposición di que non, non imos perder o tempo e licitarémola”, aseverou. O goberno local prevé que a xestión directa a través dunha ordenanza podería ser tramitada nun prazo de 2 meses e a externalización nuns 4 meses, aproximadamente.

O alcalde adiantou que os prezos por usar as instalacións das Burgas serán: 8 euros pola entrada individual, 25 euros por un bono mensual, e 30 euros por un bono de 10 usos.
O alcalde convocou unha xunta de portavoces para tratar este asunto mañá, xoves.

⚙ Configurar cookies
0.16978311538696