O Concello de Ourense instala 17 cámaras para controlar o acceso ao Casco Histórico
OurenseXa
A medida chega dous anos depois de ser anunciada polo executivo de Gonzalo Pérez Jácome

9 Oct 2024
O Concello de Ourense vén de instalar as 17 cámaras de tráfico que controlarán os accesos ao Casco Histórico. A medida chega dous anos depois de ser anunciada polo executivo de Gonzalo Pérez Jácome e cinco despois de eliminar os bolardos que impedían os accesos ao centro da cidade.
As cámaras leerán as matrículas dos vehículos que accedan á zona Vella e sancionarán aos vehículos que non teñan autorización de paso.
Localización das 17 cámaras:
- Cruce entre a rúa do Paseo e a rúa Concordia
- Cruce entre a rúa do Paseo e Santo Domingo
- Cruce entre a Rúa do Paseo e a rúa Concello
- Cruce entre Santo Domingo e Concordia
- Cruce entre o Progreso e Cardenal Quiroga
- Cruce entre o Progreso e a rúa Cruz Vermella
- Cruce entre o Progreso e Doutor Marañón
- Cruce entre a rúa Desengaño e As Burgas
- Avenida de Pontevedra
- Pena Corneira
- Cruce entre San Francisco e Arturo Pérez Serantes
- Cabeza de Manzaneda
- Cruce entre García Mosquera e a rúa do Vilar
- Cruce entre a rúa Vilar e a rúa de Pelaio
- Cruce entre Xerónimo Feijoo e Dous de Maio
- Cruce entre Rafael Dieste e a Praza de San Cosme