O Concello de Ourense instalará outras 6 ramplas mecánicas na cidade

OurenseXa
O proxecto, cun orzamento superior aos 3,5 millóns de euros, abarcará a totalidade da Rampla de Sas, dende a Praza do Couto ata o instituto
proxecto-ramplas-couto-sas-ourense
25 Jun 2025

O Concello de Ourense licitará nas próximas semanas as obras de humanización e mellora da mobilidade vertical na Rampla de Sas. Cun orzamento de 3.595.500 euros, inclúe a construción de 6 ramplas mecánicas que, segundo di o Concello, “salvarán a forte pendente existente entre o inicio da rúa, na confluencia coa Praza do Couto, e o seu remate, nas proximidades do Instituto do Couto”.

O Concello xa recibiu o proxecto técnico desta intervención, que conta cos informes favorables para iniciar a contratación das obras, ao igual que o da rúa Vasco Díaz Tanco, no barrio da Cuña
O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, destacou esta mañá a relevancia desta intervención urbanística para mellorar a calidade de vida nesta zona da cidade: “é un superproxecto de 3.595.500 euros para construír 6 ramplas que irían desde a Praza do Couto, que é un punto neurálxico por excelencia do barrio e subirían pola mítica Rampla de Sas, a máis icónica do Couto e unha das máis icónicas de todo Ourense”.

Esta infraestrutura, explicou o rexedor, “salva unha barreira orográfica histórica desta zona alta da cidade, onde hai equipamentos educativos moi importantes, como o instituto ou o colexio do Couto, e unha ampla zona residencial, con rúas nas que viven milleiros de persoas, como Francisco Asorey, Silvio Fernández e unha urbanización, entre outras, ademais de ser unha rúa que dá acceso a Salto do Can, Rabo de Galo, Cabeza de Vaca ou á Carballeira”.

⚙ Configurar cookies
0.075953006744385