O Concello de Ourense investirá máis de 265.000 euros na mellora do firme de seis rúas da cidade

OurenseXa
As actuacións céntranse no Paseo de Oira, o Paseo da Lontreira, Canella de Abaixo, a rúa Canexón, Póutigas e a Rúa de Ousande
Concello de Ourense
16 Oct 2025

O Concello de Ourense, a través da Concellería de Infraestruturas, está a desenvolver un plan de renovación do pavimento en varias rúas do municipio, cun investimento global de 265.775 euros. O obxectivo destas obras é mellorar o estado do asfalto e a sinalización viaria para reforzar a seguridade e a accesibilidade en diferentes zonas urbanas.

Entre as actuacións xa en marcha atópanse as do Paseo de Oira, o Paseo da Lontreira en Velle, a Canella de Abaixo, próxima ao Sexto Instituto, e a rúa Canexón–Santa Mariña, con orzamentos que oscilan entre os 34.000 e os 48.000 euros.

O programa continuará nas próximas semanas con traballos de renovación na Rúa das Póutigas e na Rúa de Ousande, que completarán esta fase do plan de pavimentación.

Ademais, o departamento municipal impulsa un proxecto paralelo de mellora da mobilidade en varios puntos da cidade, cun investimento próximo aos 264.000 euros, centrado na renovación e adaptación de sete pasos de peóns para reforzar a seguridade das persoas viandantes.

⚙ Configurar cookies
0.089357137680054