O Concello de Ourense levará a pleno o 4 de xullo a ordenanza das zonas de baixas emisións e a de ruído

A Comisión de Pleno do Concello de Ourense ditaminou favorablemente este xoves tres propostas que se debaterán na próxima sesión plenaria ordinaria, prevista para o venres 4 de xullo. Trátase das ordenanzas reguladoras das zonas de baixas emisións e de protección contra a contaminación acústica, así como da modificación do regulamento do Consello Municipal de Servizos Sociais. As tres iniciativas foron respaldadas cos votos favorables do grupo de goberno.
Ademais, no pleno tamén se abordará a ordenanza de veladores, que xa fora ditaminada nunha comisión anterior.