O Concello de Ourense licita a xestión do servizo de autobuses urbanos

OurenseXa
Coa nova concesión, cun orzamento anual de 9.476.922, as liñas do servizo municipal cambiarán nun 95%
autobuses-urbanos-ourense-pavillon-dos-remedios
8 Oct 2024

A Xunta de Goberno Local aprobou este martes en sesión extraordinaria o expediente para licitar, mediante procedemento aberto, o contrato do servizo de transporte público colectivo urbano de viaxeiros do Concello de Ourense. No mesmo acordo, aprobou os pregos de cláusulas administrativas e de prescricións técnicas e dispuxo a apertura do procedemento de adxudicación.

O contrato inclúe a xestión do servizo de autobuses urbanos por un período de 5 anos, desde 2025, cun orzamento anual de 9.476.922,66 euros. Inclúe a xestión do servizo municipal, a implantación das novas liñas de autobuses que se porán en marcha na cidade, e deixa prevista tamén a futura entrada en funcionamento do transporte metropolitano.

A concesionaria explotará a frota de vehículos existente, á que o Concello vén de incorporar recentemente 40 novas unidades (15 diésel, 15 minibuses e 10 eléctricos), aínda que se poderían incorporar máis no futuro. Tamén deberá contar cunha nave electrificada, tendo en conta que xa están en servizo os 10 vehículos eléctricos.

Ademais, as liñas do servizo municipal cambiarán nun 95% coa nova concesión. A empresa adxudicataria do contrato deberá integrar as novas liñas, das que o Concello avanza unhas especificacións a modo orientativo (non definitivo, xa que poderían cambiar).


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18179297447205