O Concello de Ourense pon en marcha a Verbateca
OurenseXa
O obxectivo fomentar a lectura e a lingua galega a través da realización de xogos didácticos nas aulas, da man do pirata Malapata
Concello de Ourense, Praza Maior
12 Apr 2024
A Concellería de Educación inicia a actividade Verbateca, dirixida a nenas e nenos de 4 e 5 anos, que ten como obxectivo fomentar a lectura e a lingua galega a través da realización de xogos didácticos nas aulas, da man do pirata Malapata.
Levaranse a cabo 36 sesións en 29 centros educativos da cidade, nas que participarán 830 nenos e nenas e 46 docentes.