O Concello de Ourense pon en marcha un ciclo de encontros escolares co escritor Ramón D. Veiga

OurenseXa
Arredor de 1.000 nenos e nenas de quinto de Educación Primaria achegaranse á lectura da man do autor
presentacion-encontros-escolares-ourense
2 Feb 2026

A Concellería de Educación do Concello de Ourense, en colaboración con Antela Editorial e o escritor Ramón D. Veiga, presentou esta mañá unha iniciativa de fomento da lectura dirixida ao alumnado de quinto de Educación Primaria dos centros educativos da cidade.

O escritor manterá unha serie de encontros literarios con arredor de 1.000 escolares da cidade, que coñecerán a súa novela infantil ‘Pernascochas’, gañadora do certame Jaime Solís Limeses promovido por Avigal. A iniciativa busca promover a lectura entre os pequenos e apoiar a creación local.

⚙ Configurar cookies
0.082942962646484