O Concello de Ourense pon en marcha unha liña de reforzo entre o Parque de San Lázaro e a Avenida de Zamora

OurenseXa
Trátase dunha nova modificación do mapa de transporte posta en marcha o pasado mes de setembro
Autobuses-urbanos-ourense
23 Oct 2025

O Concello de Ourense inicia este xoves 23 de outubro unha nova liña para reforzar o servizo de autobús urbano, que circulará no tramo comprendido entre o Parque de San Lázaro e a Avenida de Zamora, na rotonda de acceso a Finca Sevilla.

Esta modificación súmase aos numerosos cambios realizados desde setembro, motivados, segundo o executivo de Pérez Jácome, por un “proceso de optimización do servizo”.

Desde o Goberno municipal explican que, unha vez equilibrado o corredor norte entre o Parque de San Lázaro e O Vinteún, o autobús de reforzo trasladarase ao corredor sur da cidade, co obxectivo de mellorar a mobilidade e desconxestionar o tráfico nas horas punta, especialmente nas liñas 3 e 4, que segundo o Concello rexistran un notable aumento de usuarios.

O autobús de reforzo funcionará desde as 7:00 horas, coa primeira saída en dirección a Mariñamansa desde a parada Xoán XXIII, detrás da Subdelegación do Goberno, ata as 15:00 horas, coa última saída en dirección ao Parque de San Lázaro.

⚙ Configurar cookies
0.10346698760986