O Concello de Ourense prevé abordar a vindeira semana nun pleno extraordinario a ordenanza do servizo de recollida de lixo

OurenseXa
Na mesma sesión tense previsto aprobar un convenio co Concello de Barbadás en materia de depuración de augas residuais
Concello de Ourense
26 Dec 2025

O Concello de Ourense prevé abordar a vindeira semana a ordenanza reguladora do servizo de recollida de lixo nun pleno extraordinario. O goberno municipal ten previsto convocar mañá, sábado, unha sesión extraordinaria para o luns 29 de decembro, ás 9.00 horas.

A orde do día deste pleno incluirá tres puntos. O primeiro deles será o debate da ordenanza do servizo de recollida de lixo. Ademais, someterase á aprobación un convenio de cooperación entre o Concello de Ourense e o Concello de Barbadás en materia de depuración de augas residuais.

O terceiro punto será o recoñecemento extraxudicial de débeda con Viaqua ata o 31 de decembro de 2024, correspondente a unha partida que xa fora aprobada anteriormente en pleno.

Por outra banda, o goberno municipal tamén prevé a celebración dun segundo pleno extraordinario o martes 30 de decembro, previsiblemente ás 13.00 horas, para abordar o recoñecemento extraxudicial de débeda con Ecourense ata o 31 de decembro de 2024, igualmente correspondente a unha partida xa aprobada polo pleno municipal.

⚙ Configurar cookies
0.080997943878174