O Concello de Ourense publica a listaxe completa de actividades do Programa de Envellecemento Activo

OurenseXa
A iniciativa destinada a persoas de 60 anos ou máis empadroadas no Concello de Ourens
Concello de Ourense
7 Nov 2024

O Concello de Ourense vén de publicar a lista completa de actividades do Programa de Envellecemento Activo, unha iniciativa destinada a persoas de 60 anos ou máis empadroadas no Concello de Ourense.

Para este ano, o Concello ofrecerá un total de trinta e cinco clases con actividades como ximnasia, informática, natación, manualidades, memoria, teatro, pilates, Tai Chi, ioga, estimulación cognitiva e benestar.

Haberá, ademais, clases de baile de verbena, canto coral, biodanza, cocina e varias actividades destinadas a ampliar os coñecementos sobre as novas tecnoloxías entre as persoas maiores.

Os solicitantes deberán estar empadroados no Concello de Ourense e ter os 60 anos cumpridos no momento da publicación das normas de inscrición. Ademais, só estará permitido facer unha solicitude por persoa e nun máximo de tres actividades.

Os interesados poden anotarse a través da páxina web do Concello de Ourense ou chamando aos teléfonos  988 393 107 ou 988 388 171.

0.20234799385071