O Concello de Ourense recibe ao equipo Kaldi tras proclamarse campións do mundo no torneo de dardos electrónicos Phoenix

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, recibiu esta mañá no Concello ao equipo ourensán Kaldi tras proclamarse campións do mundo no torneo de dardos electrónicos Phoenix, celebrado a pasada fin de semana na Coruña.
O equipo, formado por Borja González, Diego González, Manuel Muíños, Martín Martínez, Javier González e Cristian Oliveira, conseguiu varios títulos destacados neste cermate, sendo campións do mundo por equipos nivel C, campións do mundo por parellas 501 nivel C, campións do mundo por parellas cricket nivel C, campión individual nivel C, ademais de lograr unha medalla de prata na competición por parellas cricket nivel C.
O rexedor destacou a dificultade da competición, que se desenvolveu durante 52 horas en só catro días, e animou aos xogadores a continuar co seu bo facer e a regresar pronto a Ourense con novos triunfos. A próxima cita do equipo será o Campionato de España da especialidade.