O Concello de Ourense recibe o premio 'Pajarita Azul 2024'

OurenseXa
O galardón é un recoñecemento ao seu compromiso coa xestión municipal dos residuos de papel e cartón
Concello_Ourense_recurso
Concello de Ourense, Praxa Maior
26 Apr 2024

O Concello de Ourense recibiu este xoves o galardón Pajarita Azul 2024 en recoñecemento ao seu compromiso coa xestión municipal dos residuos de papel e cartón. O tenente de alcalde, Aníbal Pereira, recolleu o premio que outorga a Asociación Española de Fabricantes de Pasta, Papel e Cartón, Aspapel.

Pajaritas Azules é un programa de asesoramento ás entidades locais na mellora continua da xestión dos residuos de papel e cartón, impulsado por ASPAPEL, que evalúa e premia anualmente a excelencia e o compromiso coa reciclaxe. A entrega do premio tivo lugar esta mañá no Espacio Rastro de Madrid.

0.17396402359009