O Concello de Ourense recibe un premio pola xestión da recollida selectiva de residuos de papel e cartón

OurenseXa
Trátase do premio ‘Pajarita Azul 2025’, que este ano recoñeceu a un total de 49 entidades locais de 15 comunidades autónomas españolas
Concello de Ourense
30 May 2025

O Concello de Ourense recibiu o galardón ‘Pajarita Azul 2025’, en recoñecemento ao seu labor na xestión da recollida selectiva de residuos de papel e cartón. O tenente de alcalde, Aníbal Pereira, recolleu onte en Madrid este premio, que outorgan a Asociación Española de Fabricantes de Pasta, Papel e Cartón, Aspapel, e a Asociación Española de Recicladores Recuperadores de Papel e Cartón, Repacar.

‘Pajaritas Azules’ é un programa de asesoramento, avaliación e recoñecemento da calidade da xestión municipal na recollida selectiva para a reciclaxe de papel e cartón. Nesta novena edición, o certame recoñeceu o traballo que desenvolven neste eido 49 entidades locais de 15 comunidades autónomas españolas, entre elas o Concello de Ourense. A nosa cidade xa obtivera a Pajarita Azul nas edicións dos 3 anos anteriores: 2024, 2023 e 2022.

Os premios concédense en función dunha avaliación anual baseada en 21 indicadores que analizan todo o referente á recollida do contedor azul e as recollidas complementarias, as campañas e accións de información e concienciación cidadá desenvolvidas, xunto con aspectos relativos á regulación e á planificación da xestión e os resultados e a trazabilidade até a reciclaxe final.

0.16381883621216