O Concello de Ourense recoñece o labor do Rotary Club Ourense a favor da axuda humanitaria

OurenseXa
Desde o Rotary Club avanzaron que proximamente entregarán un desfibrilador a Protección Civil de Ourense e que están a traballar nun proxecto de mellora do equipamento e mobiliario da Aula de Pediatría CHUO
recepcion-rotary-ourense
Recepción ao Rotary Club Ourense no Concello
13 Jun 2025

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, concelleiros e concelleiras do goberno municipal recibiron no Concello ao presidente do Rotary Club Ourense, Jorge Dopereiro, e á mestra de cerimonias e delegada de Xuventude, Tere Peña.

Como representantes da entidade, agradeceron a colaboración que o Concello e Protección Civil de Ourense prestan nas iniciativas que desenvolven na cidade, moi especialmente na campaña de axuda humanitaria para as persoas afectadas polo terremoto de Turquía e Siria e na campaña de axuda a Ucraína. Presidente e mestra entregaron ao alcalde un pin do Rotary Club, obra de Acisclo Manzano, en recoñecemento a dito apoio.

Desde o Rotary Club avanzaron que proximamente entregarán un desfibrilador a Protección Civil de Ourense e que, de cara ao ano que vén, están a traballar nun proxecto de mellora do equipamento e mobiliario da Aula de Pediatría do Hospital de Ourense, entre outras iniciativas que levan a cabo en apoio a diferentes entidades e colectivos da cidade.

⚙ Configurar cookies
0.17280077934265