O Concello de Ourense reiniciará o proceso de adxudicación do contrato do servizo de transporte público

O Concello de Ourense recibiu comunicación da resolución ditada polo Tribunal Administrativo de Contratación pública de Galicia (Tacgal), que desestima o recurso presentado por unha empresa contra os pregos aprobados polo Concello para a contratación do servizo de transporte público colectivo urbano para o período 2026-2031.
Esta resolución, favorable aos intereses do Concello, levanta a suspensión cautelar e permite reiniciar o proceso de adxudicación do contrato.
Este mesmo venres, o Concello convocou unha xuntanza da mesa de contratación do concurso, na que se procederá á apertura da documentación administrativa das ofertas realizadas polas 4 empresas que optan á adxudicación