O Concello de Ourense saca adiante oito modificacións de crédito grazas á abstención do PP

OurenseXa
Socialistas e nacionalistas votaron en contra da súa aprobación, reafirmándose na súa postura de non apoiar máis modificacións de crédito ata que o Concello saque adiante uns orzamentos e un Plan de Estabilización
Concello-Ourense-recurso
Concello de Ourense
6 Nov 2024

O Concello de Ourense vén de sacar adiante, no Pleno Extraordinario celebrado esta mañá, as oito modificacións de crédito propostas polo Goberno Municipal liderado por Gonzalo Pérez Jácome, tras o levantamento do veto por parte do Partido Populares argumentando que esta decisión vén "como resultado do compromiso do alcalde para a publicación no Boletín Oficial do Estado (BOE) do Plan de Estabilización de emprego temporal, tal e como xa está publicado no Boletín Oficial da Provincia (BOP)".

Pola súa banda, BNG e PSOE mantivéronse firmes na súa postura de non votar a favor de ningunha modificación de crédito ata que o Concello saque adiante uns orzamentos e o Plan de Estabilización. 

As modificacións, que saíron adiante grazas á abstención do PP, foran rexeitadas por parte de todos os grupos da oposición o pasado 30 de setembro, e ascenden  unha contía total de máis de 20 millóns de euros. 

A xornada estivo marcada tamén polas protestas dos traballadores municipais do Concello que, tras dúas semanas de folga, continúan coas mobilizacións para esixir un trato xusto e “respecto” por parte do rexedor ourensán, que volveu a cargar contra o funcionariado durante a sesión plenaria deste mércores.

0.19234204292297