O Concello de Ourense suspende provisionalmente a ORA na rúa Saéz Díez

O Concello de Ourense deixa en suspenso provisionalmente a ORA (ordenanza reguladora do servizo de ordenación e regulación do aparcamento de vehículos na vía pública) na rúa Sáenz Díez.
Desde o organismo municipal non explican os motivos da decisión pero recalcan que a medida terá un carácter provisional, a pesar de que se descoñece durante canto tempo estará en vigor a suspensión do servizo.