O Concello de Ourense transferirá a xestión do servizo de comida no fogar á Xunta

OurenseXa
Os usuarios desta prestación veñen manifestando a súas queixas pola baixa calidade de servizo, que pasou de 400 usuarios a 58
Concello_Ourense_recurso
Concello de Ourense, Praza Maior
25 Mar 2024

O Concello de Ourense mellorará o servizo de comida no fogar coa finalidade de proporcionar unha mellor atención ás persoas que o utilizan. O goberno municipal é coñecedor do descontento existente entre as persoas que usan esta prestación, que veñen manifestando as súas queixas pola baixa calidade do servizo que reciben. Este descontento tivo como consecuencia un notable descenso no número de usuarios, que baixou desde as 400 persoas ás 58 que hai na actualidade.

O Concello transferirá a xestión deste servizo á Xunta de Galicia, unha fórmula que permitirá, por unha banda, proporcionar unha mellor atención ás persoas usuarias, a través dun provedor diferente, e cun custo económico moi inferior para o Concello, xa que o gasto anual se reduciría nuns 90.000 euros.

O cambio terá como consecuencia que, durante aproximadamente un mes, non se poderá prestar ese servizo, a partir de pasado mañá, mércores, 27 de marzo.

0.16510415077209