O Concello de Ourense volve introducir cambios nas liñas de autobuses

O Concello de Ourense realiza unha nova modificación nas liñas de autobuses da cidade, que estrearon percorridos o pasado mes de setembro e que desde entón acumulan varios cambios.
Así, a partir de mañá, mércores 24 de decembro, a liña 14B modificará o seu itinerario en dirección a Berrocás, mentres que a liña 12 eliminará dous servizos en horario de mediodía. O Concello xustifica a medida coa intención de mellorar a eficiencia e adaptarse á demanda, realizando axustes nas rutas e frecuencias das liñas 12 e 14B.
No caso da liña 14B (Antiga Estación – Berrocás), o cambio afecta só ao traxecto de ida cara a Berrocás, mentres que o percorrido de volta á Estación Intermodal permanecerá igual. O novo itinerario inclúe paradas por Avenida de As Caldas, Vicente Risco, Curros Enríquez, Rúa Xoán XXIII, entre outras, ata chegar a Berrocás.
Pola súa banda, a liña 12 (Fechos – O Fonsillón – Rabo de Galo – Mende) eliminará dous viaxes: o que sae ás 13:00 desde o Parque de San Lázaro cara a Berrocás e o que parte ás 13:15 desde Berrocás cara ao Parque de San Lázaro.