O Concello de Paderne de Allariz remata as obras de renovación das redes saneamento, pluviais e abastecemento en Paisedo
OurenseXa
A actuación contou cunha financiación de 42.830 euros da Deputación

24 Dec 2025
O Concello de Paderne de Allariz vén de finalizar obras de renovación das redes de saneamento, pluviais e abastecemento no lugar de Paiseo.
Esta actuación contou cunha financiación de 42.830 euros da Deputación de Ourense, a través do Plan Provincial de Cooperación ás obras e servizos municipais.