O Concello de Pereiro de Aguiar organiza o 'Extreme Camp Pereiro' a finais de xullo
OurenseXa
O Extreme Camp Pereiro terá lugar os días 28, 29 e 30 de xuño e estará dirixido a nenos e nenas nados entre 2007 e 2012

Estación de Montaña de Manzaneda
2 Jun 2024
O Concello de Pereiro de Aguiar organiza o 'Extreme Camp Pereiro' que terá lugar durante tres días con múltiples actividades na estación de Montaña Manzaneda .
As datas elixidas para esta actividade, dirixida a nenos e nenas nados entre 2007 e 2012, son os días 28, 29 e 30 de xuño.
Desde o concello organizan tres días cheos de actividades extremas e diversión para os cativos e cativas, con pista de obstáculos, rocódromo, orientación, piscina, tirolina xigante, trekking e senderismo, entre outras.